lunes, 19 de marzo de 2012

UNHA BIBLIOTECA CON HISTORIA




Este blog describe o Proxecto Moreda, que trata de impulsar a iniciativa de homenaxear ó histórico galeguista Antón Moreda adicándolle un espacio no novo hospital Xeral Calde. Devandito espacio non podía ser outro que a biblioteca, que pasaría a chamarse Biblioteca Antón Moreda.
O que fora encargado da biblioteca no Hospital Psiquiátrico de Castro, no que pasou ingresado a meirande parte da súa vida (o seu ingreso definitivo prodúcese cando tiña 32 anos de idade e prolóngase ata a súa morte o 4 de febreiro de 2010), ten acadado por méritos propios a homenaxe e a lembranza da súa loita, non só pola independencia de Galicia, senón tamén, a partir da década dos noventa, pola dignidade dos enfermos mentais ingresados nos manicomios de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario