CARTA ABERTA Ó PRESIDENTE DA DIPUTACIÓN


“Sr. Presidente: diríxome a Vd. porque un psiquiatra mo recomendou. Supoño que porque il xa non tiña ren que facer conmigo. Espero que Vd. como máximo representante da Diputación nos dia unha solución os que levamos anos e anos de internamento.

A situación do Hospital cambiou. Gracias. Pero non se trata de que iso cambie, anque iso é bon. Trátase de que poidamos vivir en sociedade (...)Non se trata de que nos den a alta e logo, para mal vivir teñamos que pedir unha esmola. Trátase de que os que sempre traballamos, teñamos un traballo de acordo as nosas posibilidades. Ou os que temos unha pensión asistencial (...) podamos vivir con dignidade.
Isto que pedimos non é unha utopía. Trátase de rehabilitarnos e de reinsertarnos na sociedade. Política que outros centros xa levan a cabo e, por suposto, terá que considerar a nova lei de Saúde Mental.

Supoño que co dito abonda, non queremos ser unha carga para a sociedade, pero se non queda outro remedio, que funcione a solidaridade, pois somos humáns. Ren máis.” (Antón Moreda. A loita dun galeguista.VV.AA.2000:121)