A MILITANCIA POLA DIGNIDADE DOS ENFERMOS MENTAIS

Antón Moreda durante os inicios do seu ingreso permanece activo e loitador dentro do manicomio, facendo unha pequena revolución, coa conseguirá acadar un espacio propio e un lugar de dignidade que a propia institución no é quen de lle retirar. 

Preguntarásme que fixen nestes dez anos. Fixen unha Biblioteca, eu e Ramón o da CNT, e tamén nos comprometemos a irlle á misa ó cura se a dicía en galego” (Ledo Andión, 1990)

No outono de 1992, un grupo de doentes e traballadores dos catro manicomios galegos, convocan unha xunta en Compostela, no local da Asociación Cultural Arco da Vella, para constituir unha Asociación Cultural e fundar unha revista de ámbito galego que fosen voceiros da denuncia da marxinación dos enfermos mentais dos manicomios de Galicia. Nace entón a asociación Gaiola, da que Antón será nomeado presidente, o 10 de setembro de 1992, sendo o seu voceiro Gaiola Aberta, saíndo o número 0 en outubro dese mesmo ano. A presentación pública tivo lugar na sala de actos da Galería Sargadelos de Compostela o 25 de Marzo de 1993. (VV.AA., 2000: 69)

Ó respecto desta actividade o propio Muntxaraz declararía que todos nós eramos plenamente conscientes de que íamos contra-corrente e que a coxuntura na que estabamos non era doada para avanzar nun eido coma o dos dereitos humáns e a marginación mais cada vez nas maos das ongs cuxa función e desconectalas das contradiccións da realidade social e da coxuntura histórica onde se producen. (VV.AA., 2000:27).

Os antecedentes de Gaiola Aberta hainos que buscar no manicomio de Conxo, no ano 1987, cando Ramón Muntxaraz habilitara, na Unidade Semipechada, un cuarto para actividades recreativas e culturais que permanecía “aberto” todo o día e non había ningunha restricción para entrar e saír. Este era un espazo que os doentes bautizaron como “Gaiola Aberta”, en contraste coa gaiola pechada manicomial. Esta experiencia apenas durou catro meses, pois Ramón Muntxaraz foi despedido pola Dirección. A idea dun voceiro para os doentes mentais ten tamén como antecedentes a revista Maxi do Rebullón, creado no ano 1991, escrita totalmente en galego e a revista Falemos promovida e dirixida por Antón Moreda, coa colaboración da súa Psicóloga. Falemos nacera no ano 1982 e ten o último número no ano 1992, ano no que se publica o primeiro número de Gaiola Aberta (consultado en artabra21.blospot.com/2007/09 o día 5 de marzo de 2012)

Fonte: Santos Pérez e Diéguez Cequiel, 2010.
Con respecto ós obxectivos que se marca a asociación: “(...)a defensa dos dereitos dos enfermos mentais e de toda clase de marxinación de Galicia, defender o idioma e o patrimonio cultural galegos e loitar contra toda clase de discriminación de xénero, social, ideolóxica, racial ou política, sendo tamén as actividades un instrumento de rehabilitación da saúde mental a través da interacción grupal (...)”

A actividade de Antón na loita pola dignidade dos enfermos mentais refléxase nas súas ideas vangardistas e na constante denuncia da mala situación dos manicomios en diversos actos ó que foi invitado; o propio Muntxaraz recordaría así unha intervención que tivera Moreda nunha xuntaza en conmemoración do Día Mundial da Saúde Mental en Pontevedra:

Mostraba a súa perplexidade ante os paradoxos dunha reforma psiquiátrica que reproduce as contradiccións dunha igualmente falsa reforma política que(...) impide de facto que ninguén poida autodeterminar absolutamente nada, nin coma individuos, nin como membros dunha comunidade(...) E tamén como el mesmo, ao carecer de medios económicos, morada onde residir e ter que depender dun tratamento(...) achándose fechado no manicomio a cambio de poder subsistir a mínimos sociosanitarios(...)”(VV.AA. 2000:25)