OBXECTIVOS


Fonte: Santos Pérez e Diéguez Cequiel, 2010.

O primerio obxectivo trátase dun traballo de investigación sobre a figura de Antón Moreda, investigación biográfica, política e clínica, que fundamenta os motivos da homenaxe. 

O segundo obxectivo sería a celebración dun acto conmemorativo do nomeamento da Biblioteca que posibilite a visibilización do proxecto.

O terceiro obxectivo será o recabar dotación para a biblioteca, mediante doazóns de libros de lectura. Para acadar este obxectivo por medio do blog: bibliotecaantonmoreda.blogspot.com.es pódese consultar toda a información relativa ó proxecto e entrar en contacto e colaborar con nós.

O cuarto e último obxectivo é dotar á biblioteca dun sentido rehabilitador e autoxestionado. Dous residentes do Hospital serán os encargados, coa axuda do personal, de, primeiro, clasificar os libros e segundo das labores de bibliotecarios, levando o control dos préstamos e do coidado dos libros e do espacio.